Listaxe de actividades das Xornadas Anti-Represivas

cartaz si 1. Charla ‘A Tortura como Negocio’ a cargo de Santi Cobos, 22 anos preso en réxime FIES (4 de xunho, 20 horas, Lusco e Fusco). Ampliar aquí

2. Obradoiro de Seguranza Informática (10 e 11 de xunho, das 16 ás 20 horas, Bar Grándola). Ampliar aquí

3. Palestra ‘Lei Mordaza e Código Penal’ a cargo da avogada Iolanda Ferreira de Esculca. Ao rematar, Ceador Vegano Concertos de Argallada e As +Turbadas (13 de xunho, 18:30 horas, A Kasa Negra)

4. Palestra ‘O estudantado no ponto de mira’ de man dos estudantes represaliados e dxs avogadxs da defensa (17 de xunho, 19:30 horas, Biblioteca Nodal). Ampliar aquí

5. Obradoiro de efectos psico-sociais da represión. Control Social, Medo e Estratexias para a Acción (18 de xunho, 17- 20’30 horas, Escua). Ampliar aquí

6. Proxección na rúa do documentario Ciutat Morta (25 de xunho, 19:22 horas, Bar Tarao). Ampliar aquí

7. Performance polo Día Internacional de Apoio ás Vítimas da Tortura (26 de xunho, 19:30  horas, Praza do Ferro) Seguir lendo “Listaxe de actividades das Xornadas Anti-Represivas”

Advertisements

¿Que son as Xornadas Anti-represivas?

Cartaz Xornadas Anti-Represivas

As Xornadas Anti-Represivas xorden como un proxecto entre xente de diferentes colectivos e movementos. Como resposta perante a necesidade de divulgarmos as formas de represión (vellas e novas) que, a día de hoxe, ameazan as liberdades do pobo. Precisamos, logo, de ferramentas para as combater con éxito, pois onde hai loita hai esperanza, mais tamén pontos de represión que habemos superar tecendo redes de apoio.

As actividades que conforman as Xornadas abranguen distintos eidos da represión: A Lei Mordaza, a seguranza na rede, os efectos psico-sociais do medo, a represión do estudantado ourensán, a tortura física e psicolóxica e a privación da liberdade, entre outros.

As Xornadas Anti-Represivas desenvolveranse ao longo do mes de xunho en Ourense. Cada actividade levarase a cabo nun ponto distinto da cidade das Burgas: centros sociais e culturais, tabernas, bares, prazas e na propia rúa.

Co obxecto de transcender o formato de charla, procuramos outras fórmulas de abordarmos a temática da represión mediante dinámicas, obradoiros, a performance e o teatro.

Podedes consultar aquí a listaxe de actividades das Xornadas, datas, horarios e a ubicación das mesmas.

Charla Lei Mordaza pola avogada Iolanda Ferreira, ceador e concerto Argallada (13 de xunho, 18:30 horas, A Kasa Negra)

Ante a necesidade de estarmos informadxs da nova versión da Lei Corcuera ou Patada na Porta, quixemos organizar unha charla sobre ‘Lei Mordaza e Código Civil’. Correrá a conta da avogada Iolanda Ferreira, de Esculca.

Ao rematar, haberá ceador vegano e despois os concertos de Argallada (punk, O Morrazo) e As +turbadas.

Esta xeira anti-represiva decorrerá o sábado 13 de xuño, a partir das 18:30 horas, no Centro Social Okupado ‘A Kasa Negra’ (Avenida de Ponferrada, Nº26- Rabaza de Arriba).

mordaza

Obradoiro de Seguranza Informática (10 e 11 de junho, das 16 ás 20 horas, Bar Grándola)

Preferimos que a repressom nom chegue a acontecer. Para isso cumpre agir com as devidas precauçons, levando sempre em conta que nom vivemos numha democracia senom num estado de exceçom cada vez menos dissimulado. Hoje em dia as ferramentas do Reino da Espanha para nos controlar e punir som mais ofegantes que nunca. Felizmente, também temos novos recursos para as combater. Todo consiste em saber empregá-las.

Umha parte da vantagem do Estado é a nossa insuportável transparêcia à sua olhada. Resultado da enorme penetraçom das tecnologias nas nossas relaçons sociais, quase toda a nossa vida pessoal e atividade política pode ser monitorizada por um simples computador. Sabemos que este processo nom tem volta atrás para a maioria de nós: nom vamos deixar de usar internet, nem os telemóveis, nem as redes sociais. Isso significa que os nossos inimigos vam ter muito mais fácil seguir-nos a pista que aos nossos pais e maes, ou aos nossos avós. Mas há maneiras de contra-restar parcialmente essa “nudez”: meios informáticos que nos restituem algo da opacidade perdida.

Nos últimos anos a espionagem por parte dos Estados tem saído à luz, ao menos emrede parte. Os programas da NSA para revisar todos os correios eletrónicos e telefonemas, a entrega indiscriminada de dados por parte de Google, Facebook, Microsoft e outras corporaçons… Ninguém pode fingir ignorar que está sendo escuitado cada vez que escreve um correio, fala por telefone ou escreve numha rede social.    

Para quem luita, para quem se converte em inimigo dos serviços de inteligência, a necessidade de privacidade é urgente. Dela dependem, muitas vezes, as possibilidades de eludir a repressom.

Charla ‘A Tortura como Negocio’ por Santi Cobos (4 de xunho, 20 horas, Lusco e Fusco)

Charla Santi Cobos (Lusco e Fusco,  4 de xunho, 20 horas)
Charla Santi Cobos (Lusco e Fusco, 4 de xunho, 20 horas)

Charla a cargo do compañeiro Santi Cobos, incansable e histórico preso loitador e rebelde social, que tras moitos anos en FIES, envolto en fugas e motíns, e loitando a ferro pola súa dignidade dentro e fóra do talego, atópase agora en liberdade condicional. Hoxe segue sendo un convencido loitador contra os cárceres e todo o que supoñen; falará sobre a tortura nas prisións como negocio que lle confire ao estado e ás grandes empresas múltiples beneficios, a costa do sufrimento humano, dos pobrxs e rebeldxs.

A charla ‘A Tortura como Negocio’ celebrarase o xoves 4 de xunho, ás 20 horas no bar Lusco e Fusco (Rúa da Liberdade, 9). Consulta aquí a súa ubicación.

Proxección na rúa do documentario ‘Ciutat Morta’ (23 de xunho, 18 horas, Praza de Saco e Arce)

A proxección do documentario Ciutat Morta terá lugar o xoves 25 de xunho no bar Tarao, entre as 19 e as 22 horas.

ciutat

Deixamos aquí unha pequena información sobre o documentario:

  • Título orixinal: Ciutat Morta
  • Realización: Xavier Artigas e Xapo Ortega
  • Produtora: Metromuster
  • Sinopse: Em junho de 2013, um grupo de 800 pessoas ocupam um cine
    abandonado do centro de Barcelona para projetar um documentario. Re-
    baptizam o antigo predio em honor dumha rapariga que se tirou a vida 2
    anos antes: Cinema Patricia Heras. Quem era Patricia? Por qué se tirou a
    vida e que tenhem que ver Barcelona coa sua morte? Isto é exactamento o
    que se quer dar a conhezer com esta acçom ilegal e de grande impato
    mediatico: que todo o mundo sepa a verdade sobre um dos piores casos de
    corrupçom policial em barcelona, a cidade morta.
  • Teaser: Na seguinte ligazón

Palestra ‘O estudantado no Ponto de Mira’ (15 de xunho, 19:30 h. Biblioteca Nodal)

Durante o 18 e 19 de febreiro de 2015, celebrouse nos xulgados de Ourense un xuízo político a sete estudantes da cidade por participaren en mobilizacións estudantís o 11 de outubro de 2012. A violencia represiva vivida ese día foi o cumio dunha xeira de violencia policial dirixida a amedrentar un movemento estudantil en auxe, no marco das loitas contra a LOMCE e a precarización do ensino. Hoxe, este proceso represivo continúa a ser enfrontado con dignidade polos acusados. Alén dos 2 anos de prisión aos que forom condenados, a fiscalia recurre para solicitar 2 mais e a entrada en prisión dun dos estudantes.

Para vos informades do asunto, as Xornadas Anti-Represivas propoñen unha palestra que decorrerá a cargo dos propios estudantes e dxs avogados e avogadas da defensa. Terá lugar, o mércores 17 de xunho ás 19:30 horas na Biblioteca Nodal de Ourense (rúa concello, 11). Consulta aquí a súa ubicación.

Ao voso dispor fica o texto que pide a absolución dos estudantes represalidados en Ourense. [Texto absolución estudantes ourense]

Obradoiro de Efectos Psico-Socias da Represión (18 de xunho, 17- 20 horas, Escua)

O Obradoido Efectos Psico-Socias da Represión: Control Social, Medo e Estratexias Para a Acción procura facer un achegamento para a toma de conciencia sobre o control social e a represión política. Entendermos cales son as súas funcións e obxectivos para así buscarmos xeitos de afrontamento tanto a nivel individual como colectivo.

Abordarmos o medo que se desenvolve no escenario represivo que estamos a vivir, as súas manifestacións persoais e sociais e os mecanismos cos que contamos para o xestionar. Ademais, agardamos compartir e repensarmos as estratexias para a acción colectiva, as que xa se veñen empregando e as que están por se construíren.

Trátase dun espazo para a reflexión individual e colectiva daquelas persoas con inquedanzas e que están a resistiren construíndo alternativas ou sobrevivindo neste mundo revirado. A proposta é reflexionarmos xuntxs, intercambiar experiencias e crearmos ferramentas, estratexias e alianzas. Precisamos tirar do fío da represión para identificarmos vulnerabilidades e resistencias e así tecermos redes de apoio mutuo para a acción individual e colectiva.

Dende unha perspectiva práctica e dinámica, o Obradoiro terá lugar o xoves 18 de xunho, das 17 ás 20 horas no local de Escua, situado no casco vello de Ourense. Consulta aquí a súa ubicación.

Para participardes do Obradoiro, enviade unha mensaxe ao correo das Xornadas co obxecto de vos encamiñar material antes do mesmo: xornadasantirepresivas@riseup.net